Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 30 de abril de 2014

COÑECÉMONOS

Preme na imaxe para acceder

O nome propio está presente durante todo este curso, por iso creamos este pequeno xogo adaptado e contextualizado as nosas necesidades; recollemos a idea tras ver o LIM realizado no blog da Escola de Barciela- CRA de Vilaboa.

A idea é xogar co noso nome e co dos compañeiros tanto dentro como fóra da escola. Agardamos que sexa do voso agrado. 

QUEN SE ANIMA?

martes, 29 de abril de 2014

O XORNAL NA AULA


Chegados a este punto do curso, decidimos coñecer outro tipo de textos e as súas propiedades, polo que incluimos nas nosas dinámicas semanais o traballo coa prensa. Empregar a prensa na aula supón dispoñer dun recurso máis que lles axudará nos procesos de aprendizaxe de lectoescritura. 

A prensa é un recurso de gran valor didáctico en canto que lle permite acceder ao mundo dos adultos, e ao mesmo tempo proporciónalle imaxes, pictogramas, anagramas, logotios que forman parte do seu mundo. 

O noso traballo basearase en acadar os seguintes obxectivos: 

- Aplicar a coordinación visomanual precisa para manexar e explorar obxectos cunha determinada precisión. 

- Observar  sucesos e acontecimientos do contorno dos nenos e das nenas. 

- Diferenciar as características propias do xornal.  


- Ler, interpretar e producir imaxes como forma de comunicación. 



lunes, 28 de abril de 2014

AS AMORODEIRAS XA TEÑEN FLOR

Fai un mes, aproximadamente, iniciabamos a nosa experiencia como agricultores ecolóxicos plantando unhas amorodeiras. Pois ben, non pensedes que nos esquecemos delas, todo o contrario.

Todos os días vamos a velas, queremos saber se medran, se precisan algo, se muchan, como teñen as flores, … e sobre todo queremos saber cando aparecerán os amorodos. Entrementras, fai un par de días, descubrimos que desta planta brotan unhas fermosas flores brancas. 

O proceso segue o seu curso e nós seguimos a espera do tan ansiado froito. 



sábado, 26 de abril de 2014

PILÚ, PILÚ, PRESÉNTASE A OLLOBOI 2014


Imaxe OLLOBOI 2014

Un ano máis celébrase o Festival Audiovisual Olloboi orientado ó ámbito escolar e aberto a todo tipo de producións non profesionais, un proxecto altruísta, ilusionante e comprometido organizado por Marearte, asociación sociocultural sen ánimo de lucro. 

Os Picariños quixemos presentarnos a este concurso galego do audiovisual non profesional coa curta  Pilú, Pilú! realizada no abeiro do concurso Nós tamén creamos, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial OQO o curso pasado. 

Tras presentar a inscrición, seleccionaron 116 traballos, o noso entre eles. Agora comezan as votacións para elexir o Premio do Público, estarán abertas dende o 25 de abril ata o 9 de maio.

Se queredes ollar a nosa curta só precisades 2:40 minutos, ANIMÁDESVOS?

 
Pilú, Pilú! on Vimeo.

viernes, 25 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Imaxe da árbore das recomendacións lectoras
(actividade proposta polo equipo de biblioteca)

Esta semana conmemoramos o 23 de abril como o Día Internacional do Libro e do dereito de autor. Este fextexo celebrado a nivel mundial ten como obxectivo  fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedad e intelectual por medio do dereito de autor. 

Escolleuse esta data, dado que o día 23 de abril coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shaskespeare y o Inca Garcilaso de la Vega, todos eles no ano 1616. 

Os libros e o feito de ler están presentes na nosa aula todos os días, por iso nesta ocasión decidimos recoller todas as fotografías onde estamos gozando dos e cos nosos amigos os libros e crear un vídeo, empregando a música de Pablo Díaz  O libro, recollida en Tic Tac, publicado por Kalandraka. 

Os amigos, os libros from vanessa.arca on Vimeo.
Dende a biblioteca, Biblo, a nosa mascota, preparou unhas árbores que tivemos que decorar coas nosas recomendacións lectoras. 




Ademais o mércores pola tarde os alumnos e alumnas de 4º e 6º de Educación Primaria en colaboración co  equipo de biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega prepararon este telexornal para explicarnos o porqué deste día. 

Premede encima da imaxe para acceder ao telexornal

martes, 22 de abril de 2014

PARABÉNS DAVID


Despois deste pequeno descanso toca voltar ás aulas, e que mellor maneira que festexando o aniversario do noso compañeiro David. 

Moitas grazas por esa torta tan saborosa e por eses "Polos Pepes". 

PARABÉNS DAVID!!!









domingo, 13 de abril de 2014

PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 2014

Preme encima da imaxe para acceder
Por segundo ano consecutivo, Os Pícaros de Vane quixemos presentar a nosa candidatura aos Premios Espiral de Edublogs co cal se pretende valorar a importancia e a repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.

Moita sorte a todos os participantes en especial aos do noso cole: O Recuncho das fadas (blog xestionado pola profe Anabel) e o Our English Corner`s Blog (xestionado pola Teacher María).

miércoles, 2 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Dende o ano 1967, o 2 de abril, día do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración deste día co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil, este ano o país escollido foi Irlanda da man de Niam Sharkey, creadora deste fermoso cartel que encabeza esta entrada, e Siobhán Parkinson,  escritora desta fermosa Carta a los niños del mundo. 


martes, 1 de abril de 2014

EN ABRIL, AUGAS MIL

Para descargar premede aquí (formato editable)

A piques de rematar este segundo trimestre, empezamos un novo mes, abril. 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS