Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

OS NOSOS CONTOS MIMADOS

Nesta páxina tentaremos recoller aqueles contos que máis nos chamaron a atención, esperando espertar en vós a curiosidade e inivitarvos a súa lectura. E sobre todo, para axudarlle ás nosas familias no coñecemento e comprensión das historias que contamos na clase. Acompañaremos os contos con cancións ou videos, dependendo sempre de cada caso.

MATRIOSKA
Argumento. Conto popular ruso que narra a historia dun carpintero que fabricaba bonecas "matrioskas". Unha fermosa historia para contar coas bonecas na man. 


PILÚ! PILÚ!

Argumento  Pilú!, Pilú! preséntanos un crocodilo cunha gran dor de moas, que precisará da axuda dun simple paxariño para superar esa pena. Esta situación fará que estes dous animais creen vínculos de amizade que perdurarán no tempo.



UN PAPÁ A LA MEDIDA

Argumento  A protagonista desta historia quere atopar un papá a altura das cualidades da súa mamá. Isto semella unha tarefa bastante complicada xa que cando se ten a nais más guapa, lista, deportista e forte do mundo, ningún papá estará a altura da súa persoa. 


 

MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS?



Argumento:  Pablo, é un tenro neno que xunto a súa nai descobre que os bicos poden ter moitas cores. Hai bicos vermellos como as cereixas que son moi divertidos, bicos amarelos, cálidos e intensos e tamén azuis, suaves e esponxosos. Así vai transcurrindo a historia ata que se decatan que os bicos son como as cores do Arco da Vella. 




CARABUÑAS


Argumento:  Carabuñas é un bruxo que se dedica a comer cativos e cativos, pero un gran día a súa realidade vólvese contra el, e Branca unha nena moi astuta fará que o noso protagonista dubide ata do seu propio nome. 



UN LIBRO





Argumento: Un libro, de Hervé Tullet é un libro interactivo a través do cal deberemos seguir as diferentes instruccións que se nos van indicando "Pulsa sobre el círculo amarillo"..... A partires de estas consignas o libro vaise transformando coa participación do lector, palmas, movemento, e sobre todo diversión e goce.

 You Tube-ChronicleBooks


RUSSEL EL BORREGO

Argumento: Russell é un cordeiro, que despois dunha dura xornada  decide deitarse á durmir. Cando se pon á faena non é quen de durmir; non atopa a postura; ás veces ten frío, outras calor, ...... Despois de probar e intentar de mil formas, atopa a forma : contando ovellas.

A QUE SABE A LÚA?



Argumento: conta a historia de oito animaliños interesados en saborear a lúa. Un a un vai chegando e axudándolle ao anterior, subindo no seu lombo, intentado tocar a lúa, pero ésta afástase. So cando sube o ratiño a lúa quedará parada e así poderán saboreala a gusto.

Actividade LIM

Editado por Belén Junquera

O conto

Sacado de You Tube:viagensnomaga






CORRE, CORRE, CABACIÑA



Argumento: conta a historia dunha velliña que de camiño a voda da súa neta atopa cun lobo, oso e un león que a queren comer. Ela convence a todos os animais para que esperen a que regrese da festa. Despois da celebración a velliña, coa axuda da neta, deciden mofarse dos animais e crean meten a velliña dentro dunha cabaza. A vella consegue chegar a súa casa e as tres feras fartas de esperar quedaron durmidas no camiño. 

Presentación en Power Point do conto

Canción



 
You Tube: Exploradores3a
 
 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS