Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Fai un par de semanas xa informamos de que iniciabamos a actividade semanal do Préstamo Bibliotecario.
Recordemos que os picariños semanalmente deben levar un libro da biblioteca para a súa casa, lelo coa súa familia e facer unha actividade onde rexistre o seu nome, título do conto, un debuxo e a maiores a súa valoración do conto.
Ilustración de Nancy Ribard (Blog bibliocolors.blogspot.com.es)
As mamis son moi importantes nas nosas vidas. Esa mesma idea a recollen moitos autores e ilustradores infantiles que utilizan a temática do amor maternal en moitos dos seus contos. Aquí vos deixo a portada dalgúns que nos gustan aos picariños, e a vós cales vos gustan?. Esperamos os vosos comentarios, animádevos!!!.
Un dos que máis nos gusta e co cal gozamos e o conto Adivina cuanto te quiero.
Queredes deleitarvos coa súa lectura, pois sentade ben tranquilos e tranquilas, poñede toda a atención e recreádevos con esta fermosa historia.
O entusiasmo e as ganas postas durante esta semana traspasaron as fronteiras da aula, chegando aos vosos fogares, e tamén a prensa. Este sábado tanto O faro de Vigo como La Voz de Galicia, na sección de A Estrada-Forcarei, fan claras alusións a actividade, recollendo fermosos textos e titulares:
Los cuentos ilusionan a los niños de cuatro años del colegio de Forcarei
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN
Xa chegamos a venres, e con este o remate da actividade para conmemorar o Día do Libro. Nesta xornada acudiron a aula Raquel e Montse, mamá Manuel e Uxía respectivamente.
A primeira visita en chegar foi Raquel, quen traia dous contos debaixo do brazo. O primeiro, e como non podía ser doutro xeito era Un conto cheo de lobos da editorial OQO, xa que a Manu encántanlle os lobos. Este conto está cheíño, cheíño de lobos; lobos grandes, lobos pequenos, lobos durmidos, lobos espertos, lobos xigantes, lobos ananos......
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do conto, esperamos esperten a vosa curiosidade?.
O segundo conto tamén era moi especial, e espertou a curiosidade dos picariños, xa que nel aparecía un singular personaxe, el pirata Pata de Lata da editorial Kalandraka. Este pirata trouxo un doce tesouro que veredes no vídeo que engadimos ao final desta entrada.
Eu atopei unha canción do Pirata de Lata que espero vos guste.
Montse, o segundo contacontos, decantoune por un conto clásico que lle encanta a Uxía, Brancaneves e os sete ananos.
Sen lugar a dúbidas durante esta semana tivemos variedade e cantidade de contos. Agora só quedar agardar á próxima. Grazas a todos e sen máis o video deste venres.
A xornada aínda non rematara, xa que a partires das 15.15 da tarde gozamos co espectáculo O Arxina e o Felo producido pola compañía de monicreques Viravoltas, partindo dun texto de Francisco Rozados, coñecido por todos como "Rochi". Esta pequena obra conta a lenda sobre a construción dunha ponte. A destacar a inclusión de palabras dentro da obra do latín dos canteiros (arxinas) fala específica deste oficio. O espectáculo, cos seus protagonistas principais, os arxinas fixeron as ledicias de pequenos, non fai falla comentalo, mirade nas imaxes, xa o din todo.
Aquí vos deixamos o video promocional do espectáculo.
Despois do recreo tivemos unha visita dobre, tío Juan e o irmá de Rocio, Dani, viñeron a lernos un conto de Miriam Sánchez, Onde perdeu Lúa a risa? da editorial Kalandraka, e trouxeron unha gran sorpresa que provocou unhas risadas.
E vós sabedes onde perdeu Lúa a risa?
Xa para rematar este xoves, Cristina, a mamá de Marcos, achegouse ata a nosa clase para delitarnos cun clásico que nos entusiasma escoitalo, unha e outra vez, Os tres porquiños.
Que divertido ver o lobo co cu todo queimado!
E sen mais, só queda presentarvos este xoves en imaxes, e agradecerlle a Raquel, Juan, Daniel e Cristina a súa participación.
SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS