Benvidos!!!
Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
TALLER DE ASTRONOMÍA
Como xa sabedes, estamos a desenvolver o noso proxecto "Unha viaxe polo espazo", e para coñecer máis en profundidade ao Sol e aos planetas, visitounos Ana Ulla, presidenta da Fundación Ceo, Cien
cia e Cultura, quen nos presentou un power point, "O sol e a súa familia" con información e imaxes moi interesantes. A maiores, e grazas ao Mago Merlín, fío condutor da historia, foinos presentando cada un dos planetas, e contando as súas curiosid
ades. Despois deste pequeno visionado, realizamos dúas actividades que nos encantaron. A primeira era poder ver de cerca un planetario, e poder observar o movemento plane
tario; e a segunda foi facer cráteres, como os da lúa. Para iso, precisamos fariña, colacao, e laca, e sobre todo uns meteoritos (pedriñas pequenas). Despois, e dado que estivemos moi atentos, Ana otorgounos a cada un de nós un diploma de astrónomo.
SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario