Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 12 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010


As Letras Galegas están a piques de chegar, e por ese motivo os nenos e nenas de Infantil decidimos xogar coas actividades LIM que prepararon os do CEIP Frián de Teis, feito que lle agradecemos de xeito especial, xa que nos permitiron pasar unha tarde aprendendo algo máis sobre Uxío Novoneyra, personaxe ao cal se lle adican as Letras este ano. Uxío Novoneyra foi un poeta do Courel, un dos poucos poetas galegos que se dedicou a literatura infantil, tendo tres títulos publicados. Nós escollemos o de "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" a través do cal puidemos viaxar xunto coa princesa Ilda a unha torre do Courel, onde vivían engaiolados un lobo, corzo e xabarín que conseguen saír e voltar a ser libres para poder vivir nos montes galegos.
















Dende aquí poderedes acceder as acitividades LIM do CEIP de Frián- Teis

No hay comentarios:

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS