Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 13 de septiembre de 2010

COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA


O luns 13 de setembro do 2010 pasadas as 11.30 da mañá 12 cativos de Forcarei comezaron unha nova etapa, un novo camiño. Todos e todas se presentaron no Salón de Actos perfectamente ataviados, coas súas mochilas e mandilóns as costas, e preparados para comezar a escola, "o cole dos maiores". Cruz, Marta e máis eu fomos a esperalos, e pronto se amosaron encantados e desexando coñecer a aula, os xoguetes, e sobre todo o patio, o tobogán e mailo areeiro.
Así que, despedímonos das mamás e dos papás sen ningún choro, xa somos maiores, e tentamos facer un pequeno tren para chegar ata a clase. Cando entramos no corredor todo era novidoso, e eses picariños ían entrando en todas as portas (biblioteca, aula de 5 anos) ata que ....... por fin....., chegamos a nosa aula. Sacaron as súas mochilas e descubriron que ao lado da chaqueta e da mochila estaba a súa foto, que super sorpresa! Entramos na clase e intentamos ir descubrindo o que alí había. O que máis nos chamou a atención foron, sen lugar a dúbidas, os xoguetes.
Despois dun anaquiño, e da pertinente visita ao baño, todos paseaban sen ter moitas ganas de ir ao baño, saimos ao patio, e alí atopamos aos nosos primos, aos nosos amigos, veciños..., todos viñan xunto nosa e nos facían carantoñas e nos daban moitos mimos. O recreo, xa dende o primeiro día encantounos. Nós, como somos uns privilexiados alongámolo un anaquiño.





A mañá xa se acababa, só tiñamos que voltar a clase para recoller os xoguetes, misión bastante complicada xa que todos querían seguir xogando, collemos as mochilas e de volta ao salón para ver as nosas mamis e papis, que estaban alí e que nos acollían co mellor dos seus sorrisos.
Foi un día moi especial e esperado por todos. Mostra diso podédelo ver nas imaxes que engadimos. Esperamos que papis, mamis e toda a familia disfrutedes con estes primeiros momentos dentro da escola. Grazas a todos pola vosa disposición, e sobre todo por autorizarnos a utilizar e poder ensinarvos estas imaxes.

5 comentarios:

Vanessa dijo...

Esta xornada foi inesquecible tanto para os cativos como para os mestres que tivemos e teremos o pracer de compartir esta nova andaina

Maria dijo...

Ola Vanessa: son a tía de María e desexo que teñades un curso estupendo, encántame o blog e o que fas. A verdade é que tendes un mérito incrible os que traballades con nenos tan pequenos. Un saúdo e sorte nesta andaina. María.

Vanessa dijo...

Moitas grazas María por esas palabras tan bonitas. Esperamos que nos visites a miúdo xa que intentaremos ir contándovos as novidades que nos vaian sucedendo.

Maria dijo...

Os peques de román queremosvos dar a benvida ao cole. Nos xa levamos un aniño ou dous, asi que xa somos expertos, ainda que ás veces todavía botamos de menos as mamás. Un aperta enome para todos e todas

Maria dijo...

Ola! Os peques de Román queremos darvos a benvida ao cole. Nós xa levamos un aniño ou dous así que xa somos expertos, aínda que ás veces todavía botamos de menos a mamá. Unha aperta enorme.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS