
Este luns 7 de febreiro celebrouse en Santiago de Compostela ás 11.30 da mañá o acto de entrega dos Premios á Innovación Educativa, presidido pola Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús vázquez Abad. Nesta xornada o director do centro Celso Viéitez e máis eu fomos os encargados de recoller a acreditación correspondente. Podedes ler a nova no portal da Consellería.
De novo, reiterar os meus parabéns para todos os cativos que participaron no proxecto e para as súas familias. E tamén, como non pode ser doutro xeito, noraboa a todos os premiados e premiadas.







2 comentarios:
Noraboa!!! Aos pekes pero sobretodo á sua mestra que o merece un montón. Un biko
Moitas grazas María, a verdade e que os Pícaros traballaron un montón.
Publicar un comentario