O mércores foi un día moi divertido e sobre todo atarefado para os picariños, xa que celebramos con moitas ansias e gañas a festa das cabazas, o Halloween ou Samaín.
Como a ocasión o requería decidimos ataviarnos, xunto cos compañeiros de tres e catro anos, de xeito correcto para á festa, e que mellor maneira que vestirnos de "vampiros" e "vampiras", segundo os nosos picariños o termo vampiresa está desterrado.
A festa dou tanto de si, que a prensa tamén se fixo eco da noticia, que de cal?, pois da aparición durante unhas horas duns vampiros e vampiras moi graciosos que percorreron o centro CEIP Nosa Señora das Dores.

No hay comentarios:
Publicar un comentario