O texto escrito, durante estos tres anos, foi e segue a ser un aspecto moi importante. Agora ben, durante este curso está a ser vital, xa que os picariños están iniciándose na composición de palabras e de frases, importantes para poder comunicar os seus desexos, sexan os que sexan.
Cada neno ou nena ten o seu ritmo de aprendizaxe por ese motivo atoparemos diferentes fases ou hipótese de escritura neste gran traballo.
Dado que iniciamos unha etapa chea de fermosas palabras decidimos que fosen eles quenes escribisen as palabras propias deste mes. Así apareceron palabras como REGALO, PAPÁ NOEL, PINO, FELIZ NAVIDAD..... entre outras.







No hay comentarios:
Publicar un comentario