Tralas vacacións toca ensinar os agasallos e as novidades de Nadal. Pois ben, Alicia presentounos a Carabuñas, un dos contos que se recollía nas recomendacións lectoras para o Nadal que nos ofertaba a nosa biblioteca escolar.
Canta emoción explicando o que máis lle gustara do conto!.
Canta emoción explicando o que máis lle gustara do conto!.
Emoción que todos os picariños asumiron, así que, escoitaron entusiasmados a historia deste simpático bruxo, fixándose en cada un dos detalles que aparecían no conto.
O libro estivo varios días na aula, e decidimos facer, cada un de nós, a Carabuñas, agardamos que a Margarita del Mazo e a Charlotte Pardi non lles importe.
Aquí vos deixamos os nosos Carabuñas.








1 comentario:
hola carabuñas
nos gustou o teu conto.
e mmoi dibertido
ruben, pablo, maria, rocio y alicia
Publicar un comentario