Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Imaxe Fondos de pantalla: Vladstudio

Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía, proclamado pola UNESCO en París en 1999. A intencionalidade deste festexo, non é outra que promover a diversidade de linguas a través da expresión poética. 
Durante a xornada de hoxe, e tendo en conta esta premisa, a biblioteca escolar do noso cole quixo apoiar a poesía e a tradición oral, propoñéndonos un recital.
Así que.... puxémonos a iso, e durante esta semana preparamos con moitas gañas e algún atranco (enfermidades e ausencia dalgún cativo e cativa) este fermoso poema relacionado coa temática do noso Proxecto Documental Integrado Laborando en Galego. Esta investigación anual pretende un achegamento aos oficios tradicionais galegos.

"Oficio e Beneficio", de Carlos Fontes recoñece a importancia de non esquecer oficios dos nosos devanceiros, neste caso, do bisavó Patricio.
No seguinte video poderedes gozar do fermoso poema na voz dos Picariños.

Se queredes descargar o texto teredes que premer encima da imaxe. 

2 comentarios:

Anabel García dijo...

Foi unha poética tarde onde vós,Picariños, recitastes estupendamente.Noraboa!

Vanessa dijo...

Moitas grazas profe, a nós tamén nos gustou o gran poema que creastes coa axuda das familias.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS