Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 27 de septiembre de 2013

OS PRIMEIROS DÍAS



Xa vai alá o mes de Setembro e os Picariños cada día amosámonos máis confiados e seguros de nós mesmos. Estamos a gozar da escola e de todas as posibilidades que esta nos ofrece. 

A xornada escolar comeza na nosa aula, a terceira porta azul, cantas confusións, sempre entramos na que non é, que despistados somos! 

A clase ten moitas cousiñas que nos gustan, os contos (Dona Carme, Carabuñas e Cocorico son algúns deles), as pezas, os coches a plasti.... agora ben cando toca recoller.... iso é outro cantar. 

Un dos nosos lugares favoritos é o areeiro, a pesares de non ser de luxo o pasamos de medo, imaxinando e creando grandes castelos con pasadizos, túneles......

A verdade e que este mes foi moi intenso. Tivemos moi bos momentos, pero ás veces flaqueamos e lembrámonos das nosas familias, do que estarán a facer, de que nos gustarían que estiveran aquí....... 

Aínda nos estamos a coñecer, tanto entre nós coma  aos mestres, aínda non sabemos os nomes de todos, son tantos, pero dádenos tempo, xa que en breve, se xa non o fixemos, contarémonos as grandes aventuras que suceden día a día dentro da nosa escola. 

Como resumo deste primeiro mes de escola, preparamos esta presentación de fotografías coa que pretendemos que as novas familias poidades entrar á aula, a cotidianeidade da mesma e vexades que os vosos fillos e fillas xa son maiores (frase moi repetida polos picariños)

Agardamos impacientes as vosas primeiras impresións ao respecto. 

5 comentarios:

Vanessa dijo...

Un mes moi emocionante para todos nós, e para vós familias, compañeiros ou mestres? Que tal nos vedes?

Anabel dijo...

Benvidos ao cole, Picariños!!!!
Día a día vémosvos máis seguros e contentos de pertencer a este gran grupo que formamos na escola. Desde a clase de 4º queremos felicitarvos polos vosos avances e dicirvos que estamos para o que precisedes. Moi bo comezo de curso!!!
(Por certo profe, preciosa montaxe)

Vanessa dijo...

Moitas grazas polo voso comentario. Ben seguro que botaremos man de vós en moitas ocasións. E bo inicio de curso para vós tamén.

Belén Pichel dijo...

Moi bonitas as fotos, como medraron os nosos pitiños azuis, agora os teus picariños e que ben o pasan no areeiro, pintando, mirando contos,... Xa se ven moi adaptados e integrados uns cos outros. A seguir así... Saudiños!

Vanessa dijo...

Moitas grazas polos teus comentarios Belén, a verdade e que cada día que pasa nótanse moito. De seguro que coñeces moi ben as preferencias de parte destes picariños e agardamos poder sorprenderte cos nosos futuros logros.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS