Un 24 de febreiro do 1837 nacía en Santiago de Compostela, Rosalía de Castro, unha das figuras claves na literatura e a historia de Galicia. Despois de 177 anos VOLVE ROSALÍA.
Hoxe 24 de febreiro os alumnos e alumnas de Educación infantil de 3 anos e os de 4º de Educación Primaria quixemos sumarnos a iniciativa proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recordando a figura de Rosalía de Castro.
Para esta ocasión escollemos un poema pertencente a obra Cantares Gallegos (1863), unha das máis coñecidas: Adíos ríos, adiós fontes. Con este recitado colectivo pretedemos visibilizar tanto dentro como fóra das aulas os versos de Rosalía de Castro.
A maiores, e por todo o traballo realizado durante estos días, todos levamos un fermoso agasallo: unha flor e unha instantánea, un bo recordó dunha boa actividades colaborativa.
Os Picariños queremos agradecerlle aos alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria e a súa mestra Anabel a colaboración e cooperación para a realización desta actividade. Unha gran experiencia!!!
+21.57.55.png)







4 comentarios:
Foi un verdadeiro pracer traballar con todos vós, Picariños.E para a profe xa non hai palabras. Esperamos repetir prontiño!!!
Que boísimo traballo colaborativo!!!!! Noraboa para as dúas clases. Unha aperta.
Noraboa aos Picariños e aos nenos e nenas de 4º de primaria, así como ás profes, por un traballo tan fermoso sobre Rosalía.
A verdade e que gozamos con esta actividade, e o máis importante, estamos contribuindo a comprender o que significa colaborar e cooperar xa dende os tres anos, que máis podemos pedir!
Publicar un comentario