A semana pasada iniciamos o Entroido no noso centro, e como, vos preguntaredes. Pois ben, a profe Patricia tivo unha idea, celebrar o día das Comadres e dos Compadres.
Así, no primeiro os nenos levan a súa COMADRE (un boneco de sexo feminino feito en papel) e as rapazas intentan arrincarllo, e no segundo, as nenas levan o seu COMPADRE (un boneco con sexo masculino) e os nenos intentan arricarllo.
Aquí tendes unha mostra dos nosos Compadres e das Comadres







1 comentario:
Como podedes ver uns bonecos ben feitiños e caracterizados. Gracias familias.
Publicar un comentario