Na aula de 4 anos quixemos celebrar este día cun poema de Antonio García Teijeiro, musicado polo grupo galego Mamá Cabra: Nunca reparas en min. Unha triste historia de desamor entre un ratiño e unha lúa.
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-NUNCA REPARAS EN MIN;
POR ESO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.
ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.
POLO DESPREZO DA LÚA,
O RATIÑO ALPORIZADO,
BERROULLLE CON MOITA FORZA:
- XA NON ESTOU NAMORADO!
Tamén podedes escoitalo se queredes, nesta ocasión da man de Mamá Cabra
Dende a biblioteca tamén quixeron celebrar este día. o Día da Poesía, e por iso nos regalaron a todos os picariños un caravel e un poema.







No hay comentarios:
Publicar un comentario