Nesta tarde chuviosa de febreiro, moi pretiño do tempo de entroido, os alumnos de terceiro de primaria e os picariños quixemos empregar o noso tempo en algo útil: facer e degustar filloas.
A actividade consistiu en fixarse nos ingredientes e anotalos, facer a mestura, bater ben batidiño, pasar pola tixola e...... ummmm que ricas estabas.
Para tal evento contamos coa valiosísima colaboración das nosas mestras, Anabel e Vanessa, e como non, de Marta, a encargada de virar a nosa filló para que non se queimase.
Unha gran tarde chea de moita cociña e boa compaña.







No hay comentarios:
Publicar un comentario