Desde fai uns tres anos, esta actividade da o pistoletazo de saída da festa do Entroido. A pesares de non ser unha tradición propia da zona, acollémola como nosa, e entre o alumnado ten moita acepción.
De que se trata?, pois ben, as alumnas do centro deben confeccionar un boneco sinxelo con papeis e cartóns, semellando un neno. Na hora do recreo, os rapaces deben romper esa criatura. E ao seguinte xoves os roles se invirten, sendo os rapaces quenes crean unha boneca que tentarán romper as rapazas.
Esta actividade supón o cambio de roles e a ruptura coas normas que se produce no Entroido, xa que por un días os nenos toman o mando e as nenas teñen que arrebatarllo.
+20.39.43.png)
+19.21.07.png)







No hay comentarios:
Publicar un comentario