Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 21 de marzo de 2014

CHEGAN AS AMORODEIRAS


Coa chegada da primavera e do bo tempo os cativos e cativas xogan coa area e coa terra, e que ben o pasan!, por todo iso decimos aproveitar este interese e coñecer un chisco máis a natureza, e o máis importante, descubrir de primeira man a importancia das plantas e os coidados que estas precisan. 

Por todo isto, todos os nenos e nenas de infantil decidimos crear un pequeno horto e comezar a producción cunhas plantas miúdas, que se todo nos sae ben nos darán un saboroso froito: AS AMORODEIRAS (a planta da fresa). 

4 comentarios:

Anabel dijo...

Estamos desexando velas medrar e...tamén probar os froitos!!!

VANESSA ARCA dijo...

Pois medrar, medran que da gusto velas! Espero que a colleita sexa boa e poidamos probalas alá por maio-xuño.

Silvia Arca dijo...

Seguro que os picariños se poñerán as botas cando comecen a dar frutos.

Vanessa dijo...

Non cremos que chegue para tanto Silvia, agora ben, o día que vexan unha fresa será festa, iso ben seguro.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS