Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 19 de marzo de 2014

UN CORAZÓN CHEO DE PAPÁS


Os proxenitores son moi importantes para nós alumnos e alumnas de 3 anos, agora ben, hoxe 19 de Marzo quixemos facer unha mención especial aos noso "papis"Con eles vivimos bos momentos,  rimos, choramos, comemos, festexamos, xogamos, saltamos, bicamos….. e moitas cousas máis!

Durante esta semana recollemos nunha listaxe os nomes de todos os papás, porque os nosos papás non se chaman "papá", non, teñen nome e apelidos ,  e coinciden cos nosos, que sopresa!

Por todo sito  quixemos recoller os vosos nomes nun gran corazón que fixemos durante esta semana empregando ordenador portátil da clase, ufff semella doado, pero…. se premes demasiado aparecen  moitas letras, algunha  non aparecía, tiñamos que prestar moita atención, as letras son tan parecidas …., solventados estos pequenos contratempos aquí tendes o resultado. 






Para vós,Manuel Bértolo, Germán, Toño, Javier, Fernando, José Manuel, Jorge, José Manuel, Manuel Otero, Pepe (o mecánico), Pablo, Alex, Aitor, Juan e Suso.



Para os máis curiosos comentar que a realización deste corazón foi a través da aplicación Text Layout que descubrín a través do blog de El vuelo de las mariposas

9 comentarios:

Anabel dijo...

Quedou precioso, Picariños!!!Pero á casa chegaron outros agasallos moi especiais. Estades moi traballadores!!!
Seguide así!!!

Ana Martinez dijo...

Quedou precioso. Seguro que lle encantou a todos os papás. Unha aperta e moi boa finde.

Vanessa dijo...

Gracias Anabel e Ana Martínez polos vosos comentario, que saibades que os papis quedaron encantados, agora ben os Picariños moito máis. Que interesante foi escribir o nome do papá!!!!

Germán dijo...

gracias,...pola parte que me toca.

Vanessa dijo...

Grazas a vós, para eles sodes os espellos no que mirarse.

Anónimo dijo...

Canto traballo dan estés papás (pensarían eles)
Marta

Vanessa dijo...

Pois non te creas Marta, estaban encantados mirando as letras dos nomes dos seus papás, e escribindo no ordenador nin che contó!

Silvia Arca dijo...

Que ben lle van dando os picariños as novas tecnoloxías,así da gusto

Vanessa dijo...

Vamos pouco a pouco Silvia, pero a verdade e que non o facemos nada mal.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS