Imaxe OLLOBOI 2014
Un ano máis celébrase o Festival Audiovisual Olloboi orientado ó ámbito escolar e aberto a todo tipo de producións non profesionais, un proxecto altruísta, ilusionante e comprometido organizado por Marearte, asociación sociocultural sen ánimo de lucro.
Os Picariños quixemos presentarnos a este concurso galego do audiovisual non profesional coa curta Pilú, Pilú! realizada no abeiro do concurso Nós tamén creamos, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial OQO o curso pasado.
Tras presentar a inscrición, seleccionaron 116 traballos, o noso entre eles. Agora comezan as votacións para elexir o Premio do Público, estarán abertas dende o 25 de abril ata o 9 de maio.
Se queredes ollar a nosa curta só precisades 2:40 minutos, ANIMÁDESVOS?
+21.05.58.png)







4 comentarios:
Moita sorte,profe!!!!
Grazas profe, está complicado pero... temos que intentalo!
Animo profe,seguro q che vai ben,es unha gran artista!!!!
Moitas grazas. Os artistas son os cativos cos que día a día comparto experiencias, ideas, xogos, cancións….
Publicar un comentario