A maiores, e dado que durante este curso estamos a desenvolver un Taller de Cociña, os pícaros de catro anos decidimos agasallar a todos os nosos compañeiros e mestres cuns Bocaditos de Paz.
O proceso foi moi laborioso, xa que tivemos que decorar as bandexas, cortas os bocaditos coa forma de corazón, e preparar os palillos para poder pinchar o bocadito. O resultado foi estupendo e todos puideron saborear o seu bocadito de paz.







3 comentarios:
Uns cociñeiros estupendos e sobre todo moi orgullosos do seu traballo.
Unha idea chulísima!! Felicidades!
Gracias Marta, a verdade e que todos gozamos coa idea, tanto os pícaros como os mestres. Algùns incluso queren institucionalizar a actividade.
Publicar un comentario