Cociña en familia continúa, e como non podía ser doutro xeito, nesta ocasión convertímonos, da man da nosa cociñeira Montse, en Pizzeros e pizzeras estupendos. Que non volo credes? Ollade, ollade ben.
Os ingredientes son:
- Base de pizza.
- Salsa de tomate
- Xamon York
- Queixo rilado
- Aceitunas
Tamén precisamos unha culler para estender a salsa de tomate e un forno ou microondas para quentar/asar a masa.
O proceso de elaboración é moi sinxelo:
- Poñemos encima dun prato a masa de pizza.
- Estendemos salsa de tomate utilizando unha culler.
- Cortamos anaquiños de xamón york e poñémolos encima.
- Despois o queixo rilado e as aceitunas, a gusto do consumidor.
- Unha vez listo metémolo no forno ou microondas uns cinco minutos, máis ou menos. E listas para comer.







1 comentario:
Grazas Montse por permitirnos gozar coa tua receita
Publicar un comentario