Este curso estamos a participar nun Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca do cole relacionado cos oficios tradicionais galegos, Laborando en galego, e claro, que mellor forma de coñecer estes traballos que visitar o Museo do Pobo Galego.
Puxemos rumbo a Santiago de Compostela onde se ubica dito museo, e xunto cos compañeiros de Infantil e o primeiro ciclo de primaria pasamos unha mañá moi entretida participando do taller "Xogos Bailados".
Alí puidemos ver útiles e ferramentas ben antigas, tocar panos e mantelos, cantar cancións de antes, e como non gozar da baixada pola gran escaleira de espiral triple.







2 comentarios:
Vese que o pasastes ben e seguro que aprendestes moito. Que sorte ter estas saídas!
Nesta viaxe aprendemos, cantamos, visitamos e sobre todo gozamos dos oficios tradicionais.
Publicar un comentario