Presentámonos é unha actividade na que cada familia nos presenta aos novos picariños a través de imaxes e recortes.
Para a súa realización entregamos no mes de setembro unha cartolina baleira a espera de creacións das familias. Pois ben, xa están aquí as primeiras, e temos que dicir que estamos moi sorprendidos, canto artista!. Agardamos que este sexa o inicio de moitas e futuras colaboracións.
Para ir abrindo a boca deixamos unhas imaxes de Xiana, a primeira picariña en traer a súa "Sopresa" (como lle chaman eles). Mirade a súa cara, reflexo de gozar desta primeira presentación.







3 comentarios:
Moitas gracias familia, Xiana gozou desta actividade un montón, só tedes que vela.
Unha actividade preciosa, profe!!! Estou desexando ver ao resto dos Picariños.
Moitas gracias Anabel, aínda faltan 14, de seguro que gozarás con todas elas.
Publicar un comentario