Levamos varias semanas a falar da vendima, do proceso, dos útiles, ... pois ben, xa chegou o momento de dar un paso cara diante, e facer de expertos diante dos nosos compañeiros. Así que preparámonos e fomos a aula de 3º de Primaria, xunto a profe Anabel e os seus alumnos para lle explicar o que aprenderamos.
Tanto os pequenos como maiores quedaron encantados con esta visita e como non, coa información que lle demos. Incluso lles deixamos unhas actividades para que puidesen repasar o que lle comentaramos.
Moitas grazas ao rapaces de 3º e a profe Anabel pola acollida e pola atención amosada. Os picariños esperamos que esta actividade sexa o inicio de vindeiras colaboracións.
A profe Anabel no seu blog tamén comentou algo da nosa visita, ollade no seguinte enlace http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es.







No hay comentarios:
Publicar un comentario