Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 18 de octubre de 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Boas de novo a todos e a todas, os picariños xa estamos de volta.

Xa sabemos que este descanso foi moi longo, máis do que algúns, incluido a que escribe quixera, pero cuestión de forza maior, que fai que non poidamos empregar todo o tempo que desexamos en actualizar esta gran fiestra de novas. 

Esta ventá espera estar chea de grandes novidades e sorpresas, e sobre todo de moitas e moitas actividades coas que mestres, cativos e familias esperamos gozar durante estos nove meses que nos quedan por diante, bueno agora só quedan oito.

Os picariños xa medramos, e agora xa estamos en cinco anos, xa somos os maiores, e tendo en conta isto esperamos saber comportarnos a altura durante todo o curso escolar. 



3 comentarios:

Vanessa dijo...

Os picariños xa estamos de volta, cargados de enerxía e de gañas de facer, iso nunca nos falta!!.

Anabel dijo...

Non fai falta que o xures! Esperamos desde a clase de 3º compartir con todos vós tanta enerxía e bo facer.Vémonos no cole!!!

Vanessa dijo...

Esperamos que así sexa. Un saudiño.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS