Durante este mes de Abril, queremos, de xeito especial, incentivar a lectura dentro das aulas, sobre todo nas dos mais pequenos. Por iso, dende a aula de cinco anos, decidimos contar de novo coas familias para tal menester.
A mamá de Uxía empeza un ciclo de once visitas, tantas coma picariños contamos, nas cales gozaremos de boas lecturas e como non de boa compaña.
Esta actividade está dentro das promovidas por Biblo, a mascota da nosa biblioteca co motivo, na vindeira semana, da celebración do Día do Libro (23 de abril).
Presentamos os mellores momentos desta sesión.







2 comentarios:
Que boísima idea! Tedes uns contacontos fenomenais. Será unha boísima experiencia para todos. Unha aperta.
Moitas grazas Ana, esta é a segunda convocatoria, xa que o ano pasado tamén contamos coas familias para estes e outros menesteres. Parécenos moi boa idea que os cativos conten con bos exemplos lectores, e abofé que así é. Un saúdiño dos Picariños.
Publicar un comentario