O Kamishibai é popular do Japón e significa "Teatro de Papel". Esta forma de contar contos, popular nesta zona asiática suele aproveitarse para facer que os cativos e cativas gocen das lectura dunha forma orixinal e creativa.
Para poder crealo, normalmente debemos confeccionar un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e o texto noutra, polo que se precisa dun presentador ou intérprete. A lectura do Kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre o teatrillo de tres portas denominado "butai" de cara o auditorio e movendo as láminas unha tras outras mentras se le o texto.
Nos decidimos facer unha sinxela adaptación ao nivel de Educación Infantil, neste caso de tres anos, polo que empregamos unha viñeta a través da cal contar a historia. Neste caso David foi o noso intérprete. Aquí deixamos unhas instantáneas desta fermosa presentación.
A través dos Amigos del Kamishibai atoparedes más información, documentos para descargar e incluso experiencias de aula.












4 comentarios:
Eu ,que tiven o grande privilexio de asistir en directo a tan estupenda representación, dicir ue estaría encantada de repetir experiencia.Noraboa!!!
E que esta profe sempre se apunta a todas. Terémolo en conta para vindeiras invitacións.
Estupendo traballo q imaxinacion daria algo por vervos por un buraqiño noraboa q ben o pasads profe!!!
De seguro que estarías encantado con este gran intérprete. Se llo pides incluso o pode contar na casa, seguro que o sabe de memoria.
Publicar un comentario