Grazas o fermoso labor desenvolto por Fran Alonso, podemos gozar na nosa aula coa lectura do conto da editorial Kalandraka de “A Araña e mais eu”.
Este libro cóntanos a viaxe que realiza unha pequena e gorda araña polo corpo dunha cativa. Este pequeno animaliño permitiranos coñecer o corpo humano, dende unha nova óptica, xa que vai establecendo comparacións coas froitas, a través da forma, do tamaño e da textura.







2 comentarios:
Pode que vos interese este LIM feito por Belén Velasco.
http://pequechinhos.blogspot.com/2010/10/queremos-traballar-mais.html
Bicos
Moitas grazas Belén, xa queda subido para que poidan xogar pequenos e maiores. Un saúdo dos picariños.
Publicar un comentario