Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 14 de octubre de 2011

O OUTONO

O outono parece que se está a resistir e non é quen de chegar. A pesares diso na nosa aula xa mantivemos a primeira conversa ao respecto.


Mestra: En que estación nos atopamos?


Pablo: no outono


Mestra: e no outono, que ocorre?


Silvia: que se caen as follas das árbores


Rocío: os animais saen das súas casas e aproveitan o sol.


Rubén: se pon as follas viejas cando caen. Eu vin no parque follas viejas que eran marrón e otras que son verdes e algunha estaba no árbol.


Marcos: que caen as follas


María: na miña casa hai unha castaña e eu regaleilla a mamá.


Silvia: si, as castañas están nos árboles


Carla: si eu vin unha castaña, pero gorda.


Mestra: e onde estaban as castañas?


Alicia: nos árboles


María: a veces caen


Marcos: eu atopei unha


Mestra: como se chama a árbore que da castañas?


Rocío: pico


Pablo: pino


Uxía: pilo


María: castañeiro


Marcos: non, castiñeiro


Manuel: os ourizos teñen dentro as castañas.


Alicia: dentro de los orizos que pican moito.


Manuel: eu un día quería coller un ourizo e coa man e picoume.


Mestra: e por que pican?


Alicia: porque teñen


Uxía: espiñas


Pablo: pinchos


María: rallitas


Alicia: porque teñen pinchos verdes


Mestra: e que cores ten o outono?


Rocío: naranxa


Pablo: rojo


María:verde


Marcos: marrón


Uxía: amarelas


……..


A partires desta conversa os nenos e as nenas quixeron representar a caída da folla, un dos acontecementos que máis lle chamou a atención, e o cal tiveron presente ao longo da conversa.
img090



img089


Como podedes ver durante este faladoiro apareceron moitos conceptos que trataremos en profundidade nas seguintes clases, e sobre todo as cores do outono.

No hay comentarios:

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS