Este luns 17 de Outubro empezamos co Taller de Cociña. A cociña e os alimentos son imprescindibles para as nosas vidas, por iso, dende a nosa aula, queremos utilizar este recurso vital e empregalo para aprender. Así ademais de traballar a alimentación, incluiremos na nosa aula un tipo de texto diferente, e descoñecido ata o momento: a receita. As receitas vannos permitir organizar e traballar a lectoescritura dende unha postura construtivista, na cal o cativo e cativa xoguen un papel vital.
Todas as receitas que realicemos terán varios momentos: lectura da receita, preparación dos ingredientes, confección e degustación e posterior recollida da receita (debuxo, ingredientes e secuencia).
Este primeiro día divertímonos confeccionando Madalenas Disfrazadas.







No hay comentarios:
Publicar un comentario