Benvidos!!!
Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
UN LEMA, UNHA FLOR
Baixo a frase "Un lema, unha flor", a biblioteca do noso cole, encabezada por Biblo, a nosa mascota, quixo facer un chamamento a todos os rapaces do colexio, na procura de lemas relacionadas coa lectura ou co feito de ler para conmemorar o Día do Libro.
Os Picariños non quixemos quedar atrás e confeccionamos unha bonitas flores con lemas ben dispares. Algúns dos escollidos foron:
- Leo porque me gusta aprender.
- Eu leo porque me gustan os contos.
- Leo porque me gusta.
- Eu leo porque vexo contos moi chulos.
- Eu leo para aprender.
SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS
2 comentarios:
Foi una actividade moi chula.Quedáronvos moi ben os lemas e as flores.
Pois si profe, a biblio sempre intenta achegarnos novas propostas arredor da lectura e do feito e ler ás cales nos repondesmos encantados.
Publicar un comentario