Os Picariños estamos de noraboa, xa que vimos de acadar o terceiro premio de innovación educativa, publicado no DOGA do 18 de decembro. O traballo premiado titúlase Pequenos/as científicos/as na cociña e foi desenvolvido de xeito simultáneo en tres centros de Galicia: un centro da nosa comarca o CEIP Nosa Señora das Dores, outro en Arca do Pino (desenvolto pola mestra Beatriz Vives Campos, CPI Camiño de Santiago) e un terceiro en Noia (Desenvolto pola mestra Vanessa Quintián Agrafojo, CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso).
Esta proposta diddáctica levaouse a cabo no curso pasado cos cativos e cativas de 4
e 5 anos. Con ela pretendiamos achegar os alumnos e alumnas á ciencia, e brindarlles a oportunidade de xogar e asombrarse cos obxectos da vida cotiá. O traballo está composto por un receitario, no cal aparecen todas e cada unha das experiencias desenvoltas, e tamén un libro de científicos famosos, onde os cativos caricaturizaron e recolleron os aspectos máis descables de figuras como Einstein, Pasteur, Marie Curie...... .
Grazas a todos e a todas, papás, mamás, avós, avoas... polo voso interese e pola vosa constancia, e sobre todo grazas a Ana, Hugo, Fátima, Teba, Rubén, Mirian, Jesús, Rocío, Candela, Inés, Diana, Santi, Brais e Adrián Soto, xa que vós sodes os verdadeiros protagonistas desta historia.