Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Inicio de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inicio de curso. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de septiembre de 2013

OS PRIMEIROS DÍAS



Xa vai alá o mes de Setembro e os Picariños cada día amosámonos máis confiados e seguros de nós mesmos. Estamos a gozar da escola e de todas as posibilidades que esta nos ofrece. 

A xornada escolar comeza na nosa aula, a terceira porta azul, cantas confusións, sempre entramos na que non é, que despistados somos! 

A clase ten moitas cousiñas que nos gustan, os contos (Dona Carme, Carabuñas e Cocorico son algúns deles), as pezas, os coches a plasti.... agora ben cando toca recoller.... iso é outro cantar. 

Un dos nosos lugares favoritos é o areeiro, a pesares de non ser de luxo o pasamos de medo, imaxinando e creando grandes castelos con pasadizos, túneles......

A verdade e que este mes foi moi intenso. Tivemos moi bos momentos, pero ás veces flaqueamos e lembrámonos das nosas familias, do que estarán a facer, de que nos gustarían que estiveran aquí....... 

Aínda nos estamos a coñecer, tanto entre nós coma  aos mestres, aínda non sabemos os nomes de todos, son tantos, pero dádenos tempo, xa que en breve, se xa non o fixemos, contarémonos as grandes aventuras que suceden día a día dentro da nosa escola. 

Como resumo deste primeiro mes de escola, preparamos esta presentación de fotografías coa que pretendemos que as novas familias poidades entrar á aula, a cotidianeidade da mesma e vexades que os vosos fillos e fillas xa son maiores (frase moi repetida polos picariños)

Agardamos impacientes as vosas primeiras impresións ao respecto. 

miércoles, 11 de septiembre de 2013

VOLTAMOS DE NOVO


Os Pícaros están de regreso!!!

Despois de dous meses sen novas chegamos cargados de ideas para poñer en práctica e moitas pero que moitas gañas e ilusións. 

Iniciaremos este curso cunha fermosa obra de Julia Minguillón  "A Escola de Doloriñas" onde se retrata unha tradicional escola rural onde podemos ollar a mestra rodeada dos seus alumnos/as. 

Sacada de artistasdelatierra.com 


miércoles, 29 de septiembre de 2010

CAMBIAMOS DE HORARIO


Boas familias, quería informarvos que dende este venres día 1 de outubro comezaremos o novo horario, que manteremos ata o mes de maio, correspondéndose co seguinte:

TODOS OS VENRES

Entrada ás 9.40 e Saída ás 13.05

DE LUNS A XOVES

Entrada ás 9.40 e Saída ás 16.30


Todos os días da semana teremos o servizo de comedor dende ás 13.05 ata as 13.45 (aproximadamente).Toda esta información a podedes atopar no tríptico que se vos enviou hoxe polos cativos e cativas.


A maiores comentar que a partires da próxima semana cambiamos o día de Psicomotricidade pasando este aos mércores, polo que ese día traerán roupa cómoda, recomendable o chandal e as zapatillas.

jueves, 10 de septiembre de 2009

COMEZAMOS XA!!!


Despois dunhas largas e merecidas vacacións, voltamos á aula. De novo, collemos os nosos trebellos e alá nos vamos, de volta á rutina. Da man de Óscar, David Manuel, Paula Campos, Paula Piñeiro, Iván, Rosana, Sofía, Eva, Samuel, Marcela, Mario, Brais, Santiago, Candela, Sabela, Inés, Lorena, Adrián Soto, Adrián Mariño, Diana, Adán e Martín, aprenderemos e pasaremos uns bos momentos que nos gustaría compartir con todos vós (papás, mamás, irmáns, avós, avoas, tíos.....).
Comezamos esta viaxe,


ANIMÁDESVOS????


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS