Xa vai alá o mes de Setembro e os Picariños cada día amosámonos máis confiados e seguros de nós mesmos. Estamos a gozar da escola e de todas as posibilidades que esta nos ofrece.
A xornada escolar comeza na nosa aula, a terceira porta azul, cantas confusións, sempre entramos na que non é, que despistados somos!
A clase ten moitas cousiñas que nos gustan, os contos (Dona Carme, Carabuñas e Cocorico son algúns deles), as pezas, os coches a plasti.... agora ben cando toca recoller.... iso é outro cantar.
Un dos nosos lugares favoritos é o areeiro, a pesares de non ser de luxo o pasamos de medo, imaxinando e creando grandes castelos con pasadizos, túneles......
A verdade e que este mes foi moi intenso. Tivemos moi bos momentos, pero ás veces flaqueamos e lembrámonos das nosas familias, do que estarán a facer, de que nos gustarían que estiveran aquí.......
Aínda nos estamos a coñecer, tanto entre nós coma aos mestres, aínda non sabemos os nomes de todos, son tantos, pero dádenos tempo, xa que en breve, se xa non o fixemos, contarémonos as grandes aventuras que suceden día a día dentro da nosa escola.
Como resumo deste primeiro mes de escola, preparamos esta presentación de fotografías coa que pretendemos que as novas familias poidades entrar á aula, a cotidianeidade da mesma e vexades que os vosos fillos e fillas xa son maiores (frase moi repetida polos picariños)
Agardamos impacientes as vosas primeiras impresións ao respecto.






