| Make your own photo album |
Benvidos!!!
sábado, 29 de octubre de 2011
A FESTA DO HALLOWEEN
viernes, 28 de octubre de 2011
HOXE É HALLOWEEN
Xa chegou o día esperado, así que os esqueletes de catro anos decidiron ir polas clases e dicir “Susto ou Trato” .
O primeiro era un bo grito, e o segundo era un trato con lambonadas, perdonándolle deste xeito o gran susto.
Mirade, mirade ben, a que metemos medooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!
Moitas grazas a todos os mestres, mestras e alumnos/as por colaborar con nós.
jueves, 27 de octubre de 2011
OS TRAXES DE ESQUELETE
Este venres no centro celebramos o Halloween, e os picariños decidimos vestirnos e prepararnos para a ocasión. Asi que, o venres xa non seremos nenos e nenas, senón que por un día seremos verdadeiros esqueletes. Ai…. que medo!!!!
martes, 25 de octubre de 2011
LA BRUJITA TAPITA
Este ano os cativos e cativas de catro anos participaremos da festa do Samaín de forma activa, xa que cantaremos unha canción “La brujita tapita”, coñecédela?.
Para aqueles que a descoñezan, e para poder practicar durante estos días nas casas cos nosos papás e as nosas mamás poñemos este karaoke, e
A CANTAR!!!.
FACEMOS ARAÑAS CON GALLETAS OREO
O taller de cociña segue funcionando durante esta semana, pero neste caso estamos a facer elaboracións e receitas monstruosas e diferentes as que faremos durante todo o curso escolar.
Hoxe toda facer de novo arañas, pero nesta ocasión o ingrediente principal serán as galletas de oreo. Esta actividade decidimos desenvolvela cos cativos e cativas de primeiro de primaria, quenes gozaron e aprenderon tanto coma nós.
lunes, 24 de octubre de 2011
domingo, 23 de octubre de 2011
SEMANA DE HALLOWEEN
Xa está aquí, xa case chegou, unha das datas máis esperadas polos nosos cativos e cativas. Levamos varias semanas con preparativos e decoracións variadas, agora ben, por fin, a Semana de Halloween está aquí.
E para poder meterse en materia nada mellor que ver os seguintes vídeos alusivos a esta data, esperamos que vos gusten tanto como a nós.
sábado, 22 de octubre de 2011
ESCRIBIMOS A RECEITA DAS VASOIRAS
viernes, 21 de octubre de 2011
VASOIRAS DE BRUXA
O taller segue a funcionar na clase de catro anos, e neste caso, a receita escollida para elaborar polos picariños, foi unha vasoira especial, xa que podía comerse, sendo os ingredientes principais o xamón cocido e mailo queixo.Estiveron encantados, gozaron facéndoas e despois coméndoas. Ollade, ollade para eles.
jueves, 20 de octubre de 2011
miércoles, 19 de octubre de 2011
MADALENAS DIVERTIDAS
Xa feitas e degustadas estas madalenas divertidas con forma de araña tocaba plasmar no papel o que aprendemos coa realización da mesma. Nesta ocasión tocou debuxar e poñer un nome a nosa receita, como podedes observar non son moi orixinais. Despois recortamos e pegamos os ingredientes.
martes, 18 de octubre de 2011
EMPEZAMOS CO TALLER DE COCIÑA
Este luns 17 de Outubro empezamos co Taller de Cociña. A cociña e os alimentos son imprescindibles para as nosas vidas, por iso, dende a nosa aula, queremos utilizar este recurso vital e empregalo para aprender. Así ademais de traballar a alimentación, incluiremos na nosa aula un tipo de texto diferente, e descoñecido ata o momento: a receita. As receitas vannos permitir organizar e traballar a lectoescritura dende unha postura construtivista, na cal o cativo e cativa xoguen un papel vital.
Todas as receitas que realicemos terán varios momentos: lectura da receita, preparación dos ingredientes, confección e degustación e posterior recollida da receita (debuxo, ingredientes e secuencia).
Este primeiro día divertímonos confeccionando Madalenas Disfrazadas.
lunes, 17 de octubre de 2011
APRENDEMOS CON JIM JAM & SUNNY
Jim Jam & Sunny e os seus amigos axúdannos na labor de investigación que estamos levando a cabo, xa que neste breve vídeo atopan unha araña no seu xardín, e partir desa situación coméntannos algún aspecto da vida das arañas.
domingo, 16 de octubre de 2011
MATERIAL SOBRE AS ARAÑAS
Atopamos un enlace con moitas actividades que se poden imprimir, e incluso algunha suxerencia ou idea para utilizar nas aulas de infantil, se queredes acceder a ela só teredes que premer encima dda araña que está tecendo.
sábado, 15 de octubre de 2011
LA ARAÑA DEL MUSEO
Deixamos aquí un audioconto de La Araña del Museo, premede encima para gozar del e sobre todo, prestade moita atención.
viernes, 14 de octubre de 2011
O OUTONO
O outono parece que se está a resistir e non é quen de chegar. A pesares diso na nosa aula xa mantivemos a primeira conversa ao respecto.
Mestra: En que estación nos atopamos?
Pablo: no outono
Mestra: e no outono, que ocorre?
Silvia: que se caen as follas das árbores
Rocío: os animais saen das súas casas e aproveitan o sol.
Rubén: se pon as follas viejas cando caen. Eu vin no parque follas viejas que eran marrón e otras que son verdes e algunha estaba no árbol.
Marcos: que caen as follas
María: na miña casa hai unha castaña e eu regaleilla a mamá.
Silvia: si, as castañas están nos árboles
Carla: si eu vin unha castaña, pero gorda.
Mestra: e onde estaban as castañas?
Alicia: nos árboles
María: a veces caen
Marcos: eu atopei unha
Mestra: como se chama a árbore que da castañas?
Rocío: pico
Pablo: pino
Uxía: pilo
María: castañeiro
Marcos: non, castiñeiro
Manuel: os ourizos teñen dentro as castañas.
Alicia: dentro de los orizos que pican moito.
Manuel: eu un día quería coller un ourizo e coa man e picoume.
Mestra: e por que pican?
Alicia: porque teñen
Uxía: espiñas
Pablo: pinchos
María: rallitas
Alicia: porque teñen pinchos verdes
Mestra: e que cores ten o outono?
Rocío: naranxa
Pablo: rojo
María:verde
Marcos: marrón
Uxía: amarelas
……..
A partires desta conversa os nenos e as nenas quixeron representar a caída da folla, un dos acontecementos que máis lle chamou a atención, e o cal tiveron presente ao longo da conversa.
Como podedes ver durante este faladoiro apareceron moitos conceptos que trataremos en profundidade nas seguintes clases, e sobre todo as cores do outono.
jueves, 13 de octubre de 2011
MENÚ ESCOLAR
Á hora de comer é un gran momento educativo dentro da nosa xornada escolar, por iso, este curso traballaremos o Menú diario, que se vos envía a inicios de cada mes. Todos os días o encargado ou encargada deberá revisar e colocar os alimentos inxeridos no panel correspondente.
Posteriormente cada alumno/a deberá analizar detidamente os alimentos e comentar a súa cor, forma, tamaño,… para, con posterioridade, reflectilo na súa actividade impresa (de xeito individual).
martes, 11 de octubre de 2011
COÑECENDO AS PARTES DOS LIBROS
Este conto de Fran Alonso, estanos a axudar a coñecer algunha das partes que ten un conto. Neste caso estamos achegándonos a dous termos: Cuberta ou Tapa e Contratapa. Entre todos xogamos a atopar estas partes nos contos que temos na clase e de revisar cal é a tapa e a contratapa do conto de “A araña e mais eu”.
Deixamos aquí unha explicación das partes que teñen os libros, extraída do seguinte enderezo https://sites.google.com/site/recursosformaciondeusuarios/.
Partindo desta presentación realizamos un mural onde clasificamos as imaxes de diferentes contos que temos na biblioteca, para iso tiñamos dúas columnas; na primeira pegabamos as tapas e na segunda as contratapas. Aquí tedes o resultado.



