Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
O entusiasmo e as ganas postas durante esta semana traspasaron as fronteiras da aula, chegando aos vosos fogares, e tamén a prensa. Este sábado tanto O faro de Vigo como La Voz de Galicia, na sección de A Estrada-Forcarei, fan claras alusións a actividade, recollendo fermosos textos e titulares:
Los cuentos ilusionan a los niños de cuatro años del colegio de Forcarei
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN
Xa chegamos a venres, e con este o remate da actividade para conmemorar o Día do Libro. Nesta xornada acudiron a aula Raquel e Montse, mamá Manuel e Uxía respectivamente.
A primeira visita en chegar foi Raquel, quen traia dous contos debaixo do brazo. O primeiro, e como non podía ser doutro xeito era Un conto cheo de lobos da editorial OQO, xa que a Manu encántanlle os lobos. Este conto está cheíño, cheíño de lobos; lobos grandes, lobos pequenos, lobos durmidos, lobos espertos, lobos xigantes, lobos ananos......
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do conto, esperamos esperten a vosa curiosidade?.
O segundo conto tamén era moi especial, e espertou a curiosidade dos picariños, xa que nel aparecía un singular personaxe, el pirata Pata de Lata da editorial Kalandraka. Este pirata trouxo un doce tesouro que veredes no vídeo que engadimos ao final desta entrada.
Eu atopei unha canción do Pirata de Lata que espero vos guste.
Montse, o segundo contacontos, decantoune por un conto clásico que lle encanta a Uxía, Brancaneves e os sete ananos.
Sen lugar a dúbidas durante esta semana tivemos variedade e cantidade de contos. Agora só quedar agardar á próxima. Grazas a todos e sen máis o video deste venres.
A xornada aínda non rematara, xa que a partires das 15.15 da tarde gozamos co espectáculo O Arxina e o Felo producido pola compañía de monicreques Viravoltas, partindo dun texto de Francisco Rozados, coñecido por todos como "Rochi". Esta pequena obra conta a lenda sobre a construción dunha ponte. A destacar a inclusión de palabras dentro da obra do latín dos canteiros (arxinas) fala específica deste oficio. O espectáculo, cos seus protagonistas principais, os arxinas fixeron as ledicias de pequenos, non fai falla comentalo, mirade nas imaxes, xa o din todo.
Aquí vos deixamos o video promocional do espectáculo.
Despois do recreo tivemos unha visita dobre, tío Juan e o irmá de Rocio, Dani, viñeron a lernos un conto de Miriam Sánchez, Onde perdeu Lúa a risa? da editorial Kalandraka, e trouxeron unha gran sorpresa que provocou unhas risadas.
E vós sabedes onde perdeu Lúa a risa?
Xa para rematar este xoves, Cristina, a mamá de Marcos, achegouse ata a nosa clase para delitarnos cun clásico que nos entusiasma escoitalo, unha e outra vez, Os tres porquiños.
Que divertido ver o lobo co cu todo queimado!
E sen mais, só queda presentarvos este xoves en imaxes, e agradecerlle a Raquel, Juan, Daniel e Cristina a súa participación.
Os contacontos seguen chegando, e os nosos picariños están moi entusiasmados e ensimismados. Nesta xornada de mércores tocoulle o turno a dúas mamás, a de María, Belén, e a de Rubén, Teresa.
Belén presentounos o conto Un becho estraño de Factoria K de libros, que comeza así: "Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco. Tiña por riba dous pés, entre os pés un longo rabo........". Xa sabedes de que se trata?
E, como non se poñían de acordo, tamén nos contaron Caracol e Caracola da editorial OQO.
Mirade que fermosas ilustracións!, no seguinte vídeo poderedes ver unha versión deste conto.
O segundo conto deste mércores veu da man de Teresa, quen nos presentou unha toupiña, pero non calquera, senón A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza da editorial Kalandraka.
Buscando, buscando atopei un video do conto da toupiña en castelán, e outro no que canta a historia acontecida.
A CANCIÓN
O CONTO EN CASTELÁN
A maiores, e para coñecer un chisquiño máis esta toupiña, que vos parece se xogamos?. Aquí vos deixamos unha actividade LIM realizada por Naiara do CEIP de Viñas, Poio. Para poder xogar premede no texto que aparece debaixo da toupiña.
Seguimos a investigar, e agora afondaremos no teléfono, un invento que está de cotío nas nosas vidas, e o cal sufriu durante estos últimos anos moitas e moi variadas evolucións.
Para ir achegándonos a este invento fixemos a seguinte presentación, onde recollemos os datos máis significativos.
Seguimos a conmemorar o Día do Libro coa actividade "Contacontos por un día". A mamás dos nosos picariños están a acceder gustosamente a participar da lectura de contos.
Nesta tarde tocoulle o turno a Ana, a mamá de Pablo, quen nos deleitou cun conto moi divertido ¡No eres tan temible Tim! da editorial Parramon, e a Sonia, mamá de Silvia, que nos contou Caillou.La hermanita da editorial Everest.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes desta tarde.
Hoxe 23 de Abril, Día do Libro tivemos dúas visitas inesperadas para os cativos, pero esperadas para a profe. A mamá de Carla e a mamá de Sarai viñeron a contarnos os dous contos favoritos das dúas picariñas. O primeiro conto do cal gozamos foi Ricitos de oro y los tres Osos da editorial Peralt Montagut.O segundo foi OSoño do Galo da editorial A Nosa Terra.
Fixádevos, fixádevos ben..... Que atentos e concentrados están os picariños!!!, Que entusiasmadas Carla e Sarai!!!
A lectura, e neste caso os contos, son fundamentais na vida dos nosos pequenos, por iso, dende a biblioteca do colexio quixemos por en marcha o PRÉSTAMO BIBLIOTECARIO.
Todos os cativos e cativas levarán cada xoves un libro para a súa casa, compartirano coas familias, deberán cubrir unha ficha de rexistro moi sinxela, e farán unha valoración con conto escollido.
Seguimos na procura de información sobre os nosos inventos, xa que a curiosidad e o interese segue sen decaer. Nesta procura atopamos este MUSICOGRAMA interesante relacionado cun invento do que xa falaramos: OS COCHES.
Na Pascua os padriños e madriñas sempre agasallan cunha rosca aos seus afillados, pois ben, a nosa aula tamén parece ter unha madriña de categoría: Marta, quen nos agasallou cun dos libros que máis nos gustou ata o momento: UN LIBRO de Hervé Tullet.
Tralas vacacións de Semana Santa toca regresar a rutina, e como non, de continuar co noso Taller de cociña.
Durante o primeiro e terceiro trimestre, estivemos incidindo en alimentos doces: pasteis, bocadiños. Doces …. Pois, agora é o momento de incorporar a froita, e así foi como o fixemos.
Aquí vos deixamos o video do noso Taller, agardámosvos na próxima.
SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS
POR UN ENSINO PÚBLICO
Pintura de Leandro Lamas
Contacta con nós
ospicarosdevane@hotmail.com
AGORA NO MÓBIL
Abre o lector de Códigos QR, achega o móbil e goza cos Picariños.