
Benvidos!!!
viernes, 30 de marzo de 2012
BOA PASCUA

OS PICARIÑOS EN ACCIÓN
domingo, 25 de marzo de 2012
DEBUXANDO BOMBILLAS
Todos os inventos que estamos descubrindo estámolos a representar graficamente, pois ben, as bombillas non ían ser menos, aquí tendes as nosas representacións.
A que semellan reais?
LA BOMBILLA MAS FAMOSA DEL MUNDO
Cando falamos de lámpadas ou bombillas, non podemos esquecernos de mencionar a máis famosa do mundo.
Pero que non sabedes que hai unha bombilla famosa?. Pois si, e atópase en California nun parque de bombeiros, ollade, ollade.
Agora ben, parece ser, que no ABC deste pasado venres 16 de marzo se publicou a noticia de que un enxeñeiro español acaban de crear unha nova bombilla que competirá coa californiana, xa que non ten data de caducidade.
sábado, 24 de marzo de 2012
O MUNDO DOS INVENTOS NO SYMBALOO
A través da aplicación Symbaloo recollemos os enlaces e os vídeos que fomos descubrindo durante o transcurso deste proxecto. Esperamos que vos sirva de axuda, e sobre todo poidades afondar en curiosidades de inventos tan cotiás como o coche, o teléfono….
QUEN FOI THOMAS ALVA EDISON?
EDISON foi un gran inventor, e será a quen lle debamos inventos como a bombilla, o fonógrafo, a máquina de escribir, o cinetoscopio, … chegando a patentar mil noventa e tres inventos.
TIPOS DE LÁMPADAS
Ao estudar este invento, descubrimos que existe unha gran cantidade de lámpadas, diferenciando en tres grandes tipos. Para unha maior comprensión atopamos este enlace recollido do IES María Zambrano. Preme encima da lámpada verde para acceder ao enlace.
viernes, 23 de marzo de 2012
PRENDENDO E APAGANDO BOMBILLAS
Os venres acudimos á aula de informática onde gozamos dos e cos ordenadores e tamén da Pizarra Dixital Interactiva.
Nesta xornada xogamos a acender e apagar o número de lámpadas que nos indicase o recadro.
Pasámolo xenial, incluso gañamos trofeos, mirade, mirade ….
A BOMBILLA I
Seguimos coñecendo inventos, e nesta ocasión investigamos e traballamos coa información que trouxeron Rubén e de Sarai sobre as BOMBILLAS . Este invento está nas nosas vidas, agora ben, parámonos algún intre a mirar a forma que teñen? que tipos hai? como se chaman as súas partes?.
jueves, 22 de marzo de 2012
O AUTOMÓBIL II
As nosas pescudas están a dar os seus froitos, e xa coñecemos máis datos sobre os coches, e as súas partes, que non volo credes?, pois mirade, mirade ben.
miércoles, 21 de marzo de 2012
O AUTOMÓBIL I
Unha vez creada a roda, quedaba outro invento moi importante, e o cal utilizamos a diario na nosa vida, o automóbil. Nikolaus Otto foi quen inventou o motor de explosión, é dicir unha explosión controlada que se producía cando unha chispa prendía ao mesturarse o aire coa gasolina. Este descubrimento revolucionou todo o mundo dos automóbiles, xa que nun inicio eran de vapor, pero despois os alemáns Karl Benz y Gottlier Daimler crearon os primeiros coches modernos.
Un dos autos máis coñecidos foi o poxectado por Henry Ford, o Ford T, que conseguiu un alto nivel de vendas.
Queredes saber máis?
Aquí tendes varios vídeos da serie de debuxos animados Érase una vez… Los inventores: Ford y la aventura del automóvil.
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA
Dende a biblioteca tamén quixeron celebrar este día. o Día da Poesía, e por iso nos regalaron a todos os picariños un caravel e un poema.
martes, 20 de marzo de 2012
UN MUNDO DE CORES
Como xa dixemos nunha entrada anterior estamos a traballar co conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, pois ben, nesta ocasión decidimos descubrir que ocorre se miramos a través de papeis de cores: azul, amarelo; e o máis importante, que ocorre cando poñemos os dous papeis superpostos?.
Podedes probar os nosos picariños xa o fixeron.
lunes, 19 de marzo de 2012
DÍA DO PAI
PARABÉNS A TODOS OS PAPÁS DO MUNDO, E LEMBRADE QUE PARA OS VOSOS PEQUENOS E PEQUENAS SODES OS MELLORES.
domingo, 18 de marzo de 2012
SEMANA DA PRENSA
Durante esta semana estivemos a celebrar a conmemoración da Semana da Prensa, marcada polo noso calendario escolar.
Pois ben, dende a nosa aula de catro anos decidimos recoller algunha noticia da prensa desta semana e comentala, pero sobre todo, quixemos coñecer as partes que a compoñen; distinguiremos entre data, foto, titular e corpo da noticia.
sábado, 17 de marzo de 2012
A RODAR II
A nosa investigación comeza coñecendo a historia da RODA, cando se inventou? quen?como o fixo?.
Coñecer cando se inventou a roda e case totalmente imposible, pero o que si podemos afirmar e que se inventou fai moitos, moitos anos. A roda máis antiga, ata o momento, atópase en Eslovenia e data de 3000 anos antes do nacemento de Cristo.
Outra incógnita é determinar a persoa que inventou a roda. Os historiadores afirman que teriamos que remontarnos á rexión de Mesopotamia para atopar ao descoñecido autor deste descubremento tan importante nas nosas vidas.
A RODAR I
O primeiro dos inventos no cal profundizamos foron as RODAS, tan importantes na nosa vida cotiá, xa que cantos obxectos teñen rodas?. Coa axuda das nosas familias descubrimos que hai moitos obxectos que teñen rodas como os carritos, os patinetes, a aspiradora, o coche………
Agora ben, podemos atopar diferentes tipos de rodas, sabedes cales???



