Como todos ben sabedes contamos co servizo de comedor no centro. Pois ben, para o último día de trimestre, a encargada de comedor, a profe Patri, decidiu prepararnos unha gran sorpresa. Reparteunos uns papeis nos cales temos que anotar o menú que nos gustaría saborear e deixalo no buzón correspondente.
Os Picariños somos moi clásicos, queremos lentellas, pizza, hamburguesas, …pero a comida estrela da aula de 3 anos é o Bocata de Nocilla (nosilla para moitos).
Toca esperar e pensar …. que será será?
+17.09.48.png)



