O mes de novembro é tempo de chuvasqueiros, botas, follas no chan e, sobre todo, CASTAÑAS, moreas e moreas de castañas. É un gran froito con moitas e saborosas posibilidades gastronómicas.
Coa celebración do Magosto, a festa das castañas, os Picariños puidemos degustar castañas asadas, unha das modalidades máis estendidas nas nosas casas, e gozar de xogos populares onde o instrumento principal foi Dona Castaña.
Deixámosvos unhas imaxes desta tradicional xornada.



