Xa a piques de rematar este trimestre decidimos crear un Taller de plástica e confeccionar un gran ovo de pascua para cada un de nós. Puxémonos mans á obra e elaboramos un fermoso ovo que quixemos compartir coas nosas familias e levalo para a casa.
Unha vez acabada a parte plástica, pareceunos boa idea aproveitar esta actividade e que cada rapaz crease un pequeno vocabulario con palabras que empezasen pola inicial do seu nome. Para iso, fomos recollendo palabras entre os profes, os compañeiros e despois pasámolas ao noso ovo.
Que felices estabamos con nosos grandes ovos!!!!
Coma sempre agardecerlle a Marta a súa axuda e ideas.



