Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Imaxe Fondos de pantalla: Vladstudio

Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía, proclamado pola UNESCO en París en 1999. A intencionalidade deste festexo, non é outra que promover a diversidade de linguas a través da expresión poética. 
Durante a xornada de hoxe, e tendo en conta esta premisa, a biblioteca escolar do noso cole quixo apoiar a poesía e a tradición oral, propoñéndonos un recital.
Así que.... puxémonos a iso, e durante esta semana preparamos con moitas gañas e algún atranco (enfermidades e ausencia dalgún cativo e cativa) este fermoso poema relacionado coa temática do noso Proxecto Documental Integrado Laborando en Galego. Esta investigación anual pretende un achegamento aos oficios tradicionais galegos.

"Oficio e Beneficio", de Carlos Fontes recoñece a importancia de non esquecer oficios dos nosos devanceiros, neste caso, do bisavó Patricio.
No seguinte video poderedes gozar do fermoso poema na voz dos Picariños.

Se queredes descargar o texto teredes que premer encima da imaxe. 

jueves, 21 de febrero de 2013

VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO


Este curso estamos a participar nun Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca do cole relacionado cos oficios tradicionais galegos, Laborando en galego, e claro, que mellor forma de coñecer estes traballos que visitar o Museo do Pobo Galego.
Puxemos rumbo a Santiago de Compostela onde se ubica dito museo, e xunto cos compañeiros de Infantil e o primeiro ciclo de primaria pasamos unha mañá moi entretida participando do taller "Xogos Bailados". 
Alí puidemos ver útiles e ferramentas ben antigas, tocar panos e mantelos, cantar cancións de antes, e como non gozar da baixada pola gran escaleira de espiral triple.


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS