Os mozos e mozas do Club de Lectura do IES Chano Piñeiro (cos que compartimos instalacións) representaron a obra "Os fillos do rei", pero, aí non quedou todo, xa que ademais agasalláronnos cunhas marabillosas coroas de cor verde e compartiron con nós contos tradicionais como Os tres porquiños ou Carapuchiña Vermella. Se non hai mellor cousa que a tradición oral.
Esta representación enmárcase dentro dunha actividade de colaboración desenvolvida polos ENDL dos dous centros que leva por nome "Nós tamén contamos".
Tanto no blogue do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Chano Piñeiro como na Coordinadora ENDL Deza Tabeirós Terra de Montes atoparedes referencia a esta actividade.
Tanto no blogue do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Chano Piñeiro como na Coordinadora ENDL Deza Tabeirós Terra de Montes atoparedes referencia a esta actividade.


+19.20.45.png)
+19.25.45.png)
+18.56.14.png)


+13.38.27.png)



