Na procura de información atopamos en You Tube estes videos moi divertidos, onde personaxes tan coñecidos como o Pato Donald, Mickey Mouse, Doki ou Caillou se visten de bomberos. Espero que gocedes tanto como nós.
Na procura de información atopamos en You Tube estes videos moi divertidos, onde personaxes tan coñecidos como o Pato Donald, Mickey Mouse, Doki ou Caillou se visten de bomberos. Espero que gocedes tanto como nós.
Este pasado venres 20 de maio, Rocío cumpriu catro anos, e trouxo unha rosca cunha decoración un tanto especial.
PARABÉNS DE TODOS NÓS
A partires deste mes de maio, as series infantís de animación Caracois e Os Contos do camiño comezarán a emitirse na TVG2.
A primeira das series, Caracois, está dirixida a un público de entre 2 e 4 anos. Os capítulos teñen unha duración duns seis minutos e están basados nas historias dos álbums de Caracois (Armando Quintero e André Letria). Son cinco libriños de NanOQOs, colección da editora OQO.
A segunda serie infantil, Os Contos do Camiño, está dirixida a nenos e nenas de 4 a 7 anos e consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración. A través desta serie poderán visionar populares e marabillosas historias interpretadas por autores contemporáneos e adaptadas ao publico infantil a través de creación de universos plásticos distintos e innovadores.
Bocaberta é unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. As actividades que conforman Bocaberta están elaboradas desde os intereses dos nenos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra. Nesta ocasión gozamos cun obradoiro de teatro chamado “Señor Mundo, dígame?.
Esta representación teatral ofrécenenos un recital tolo de poesía sonora e visual para facer gozar os nosos picariños.
Durante a pasada fin de semana, tiven a gran sorte de participar nos VIII Encontros de Educación Infantil. Esta xornada intensa, pero moi gratificante, sempre abre as portas a novas propostas, neste caso da man de Miryam Nemirovsky, Teresa Neira, Javier Abad, Meritxell, Angela Sátiro….. a novos traballos, e sobre todo, reencóntraste con compañeiros e compañeiras cos que poder compartir inquedanzas durante dous días.
Estes encontros foron moi especiais para este blog, xa que Eva García Sexto, asesora da Consellería, nos permitiu presentar a experiencia “Entramos en erupción”, desenvolta no curso pasado. Moitas grazas.