Por fin chegou!!!. Xa chegara o día máis esperado para todos, poderiamos lucir moi contentos e orgullosos os noso traxes, a nosa vestimenta, e sobre todo, poderiamos recorrer as rúas de Forcarei como verdadeiros pintores, coa paleta e con pincel na man, creo que esto foi o que máis nos gustou. Estabamos moi guapos, e non eramos os únicos, os nosos compis de Infantil (Paiasos) e Primaria (peregrinos, abellas, lápis de cores e pantallas)tamén.

Ben ataviados, subimos ata a praza do Concello, onde ademais de ollar cara as mamás, papás, avós, avoas.... e sacar a foto de grupo, tamén vimos a actuación dun Mago, e degustamos un anaquiño de rosca cun quentiño chocolate, creo que foi o que máis nos gustou, e do cal repetimos, repetimos, repetimos.....



