Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Manualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manualidade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de diciembre de 2013

A CREAR!


Este mes de Nadal é típico polas fermosas decoracións que atopamos na rúa, nos escaparates, nas tendas…..., pois ben, dende a aula de tres anos quixemos crear os nosos propios adornos, tanto de xeito individual como por pequenos equipos. 


Foi unha longa tarefa que conlevou a creación de tres grandes elaboracións: unha BOLA de Nadal personalizada que formará parte da decoración da nosa árbore, un simpático RENO empregando material de refugallo (o tubo do papel hixiénico) e unha fermosa COROA, a través da cal puxemos en práctica a importancia do traballo en pequeno grupo.


jueves, 25 de octubre de 2012

COLAXE DE UVAS


A temática da vendima segue a estar presente na nosa aula, tal é así, que decidimos crear un colaxe alusivo a época estacional na cal nos atopamos: o outono, otorgándolle un papel moi importante as uvas, sobre todo aos acios de uvas. Este foi o proceso que realizamos.




miércoles, 25 de mayo de 2011

SARAI E MARCOS TAMÉN GOZARON DA MOCHILA VIAXEIRA

Durante estas últimas semaP1040225nas e como é costume na aula de tres anos, a Mochila Viaxeira prosigue a súa viaxe polas casas dos nosos picariños. Nesta ocasión Sarai e Marcos gozaron dela e aquí vos presentan os seus traballos. 

P1040262 P1040223

P1040258

viernes, 6 de mayo de 2011

A MOCHILA VIAXEIRA SEGUE VIAXANDO

P1040153Tralas vacacións puidemos descubrir as manualidades que fixeron os nosos picariños coa axuda das súas familias. Aquí vos presentamos os traballos de Uxía, Alicia, Carla e Pablo.

De novo grazas familias pola vosa implicación, e sobre todo reitero os meus parabéns, xa que vos están a quedar uns traballos moi orixinais.

P1040152 P1040151

P1040133

P1040154

viernes, 19 de marzo de 2010

FELICIDADES PAPÁS


Xa chegou ese día tan esperado polos Picariños. Ao longo desta semana estiveron a contar os días que faltaban para poder darlle o agasallo que lle fixeran ao seus papás. Durante a semana fixeron moitos e moitos debuxos, moi variados para esas persoas tan importantes para eles: os seus papás. O primeiro que vístedes onte foi o sobre cheo de corazóns e cunha dedicatoria especial: FELICIDADES PAPÁ, con el queriamos evitar que os papis máis curiosos puideran descubrir a sorpresa.




E supoño que hoxe xa vos deron ese sobre para ensinarvos o seu regalo. Dentro dese gran sobre ía unha tarxeta de felicitación que cadaquen decorou e escribiu e o marco-oso totalmente persoanlizado para vós papis.






















A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS