Imaxe da árbore das recomendacións lectoras
(actividade proposta polo equipo de biblioteca)
Esta semana conmemoramos o 23 de abril como o Día Internacional do Libro e do dereito de autor. Este fextexo celebrado a nivel mundial ten como obxectivo fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedad e intelectual por medio do dereito de autor.
Escolleuse esta data, dado que o día 23 de abril coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shaskespeare y o Inca Garcilaso de la Vega, todos eles no ano 1616.
Os libros e o feito de ler están presentes na nosa aula todos os días, por iso nesta ocasión decidimos recoller todas as fotografías onde estamos gozando dos e cos nosos amigos os libros e crear un vídeo, empregando a música de Pablo Díaz O libro, recollida en Tic Tac, publicado por Kalandraka.
Os amigos, os libros from vanessa.arca on Vimeo.
Dende a biblioteca, Biblo, a nosa mascota, preparou unhas árbores que tivemos que decorar coas nosas recomendacións lectoras.
Ademais o mércores pola tarde os alumnos e alumnas de 4º e 6º de Educación Primaria en colaboración co equipo de biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega prepararon este telexornal para explicarnos o porqué deste día.
Premede encima da imaxe para acceder ao telexornal