Imaxe sacada de http://elvuelodelasmariposas.com
Os proxenitores son moi importantes para nós alumnos e alumnas de 3 anos, agora ben, hoxe 19 de Marzo quixemos facer unha mención especial aos noso "papis". Con eles vivimos bos momentos, rimos, choramos, comemos, festexamos, xogamos, saltamos, bicamos….. e moitas cousas máis!
Durante esta semana recollemos nunha listaxe os nomes de todos os papás, porque os nosos papás non se chaman "papá", non, teñen nome e apelidos , e coinciden cos nosos, que sopresa!
Por todo sito quixemos recoller os vosos nomes nun gran corazón que fixemos durante esta semana empregando ordenador portátil da clase, ufff semella doado, pero…. se premes demasiado aparecen moitas letras, algunha non aparecía, tiñamos que prestar moita atención, as letras son tan parecidas …., solventados estos pequenos contratempos aquí tendes o resultado.
Para vós,Manuel Bértolo, Germán, Toño, Javier, Fernando, José Manuel, Jorge, José Manuel, Manuel Otero, Pepe (o mecánico), Pablo, Alex, Aitor, Juan e Suso.
Para os máis curiosos comentar que a realización deste corazón foi a través da aplicación Text Layout que descubrín a través do blog de El vuelo de las mariposas.

+22.11.33.png)




9 comentarios:
Quedou precioso, Picariños!!!Pero á casa chegaron outros agasallos moi especiais. Estades moi traballadores!!!
Seguide así!!!
Quedou precioso. Seguro que lle encantou a todos os papás. Unha aperta e moi boa finde.
Gracias Anabel e Ana Martínez polos vosos comentario, que saibades que os papis quedaron encantados, agora ben os Picariños moito máis. Que interesante foi escribir o nome do papá!!!!
gracias,...pola parte que me toca.
Grazas a vós, para eles sodes os espellos no que mirarse.
Canto traballo dan estés papás (pensarían eles)
Marta
Pois non te creas Marta, estaban encantados mirando as letras dos nomes dos seus papás, e escribindo no ordenador nin che contó!
Que ben lle van dando os picariños as novas tecnoloxías,así da gusto
Vamos pouco a pouco Silvia, pero a verdade e que non o facemos nada mal.
Publicar un comentario