Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Zoqueando. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Zoqueando. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de mayo de 2013

ZOQUEANDO: DEBUXOS INICIAIS


Chegou o momento de imaxinar como poden ser esas zocas ou zocos? son o mesmo?. Como comprobaredes nos nosos debuxos, cadaquen ten a súa visión sobre esta cuestión. 

miércoles, 1 de mayo de 2013

ZOQUEANDO: XOGAMOS?

Para acceder preme encima desta imaxe

De novo utilizamos esta ferramenta, Quiz Revolution. Nesta ocasión e tal como comentamos nunha entrada anterior arredor da figura dos zoqueiros, oficio tradicional galego no cal estamos investigar (formando parte do Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca). 

martes, 30 de abril de 2013

ZOQUEANDO: NA PROCURA DE INFORMACIÓN


Ao introducir este tipo de temáticas na nosa aula, atopámonos, en moitas ocasións,  cun problema: a falta de material axeitado as idades dos picariños. Isto conleva que gocemos dos escasos videos ou textos que podemos atopar e como non, tamén nos temos que convertir en creadores de material co cal poder aprender xogando e xogar aprendendo. 

Se premedes encima da imaxe, podedes ver un fragmento dunha entrevista Alberto Geada, un zoqueiro. Nel podemos descubrir o seu traballo e  datos ben interesantes arredor das zocas: época nas cales se usaron, en que estación do ano.....

sábado, 27 de abril de 2013

ZOQUEANDO: COMPARTIMOS IMPRESIÓNS


Despois da noso primeiro faladoiro, chegou o momento de manipular, tocar e experimentar coas réplicas que puidemos conseguir coa axuda das familias. Por iso, collemos os tres pares de zocos e empezamos a tocalos, ulilos, escoitar o seu son...., é dicir, utilizamos todos os sentidos para descubrir máis datos sobre os zocos e as zocas. 


viernes, 26 de abril de 2013

ZOQUEANDO: FALADOIRO (I)


A biblioteca do noso cole propúxonos un gran reto, pescudar información arredor dun oficio tradicional galego. Decidimos escoller os zoqueiros.
A partires de aquí empeza unha nova andaina chea de grandes descubrimentos, vocabulario, ferramentas, nomes.... arredor desta figura. 
Pero coma toda investigación debemos saber os coñecementos previos, así que, ¿QUE SABEMOS DOS ZOQUEIROS?: QUENES FORON?, QUE FAN? CON QUE MATERIAIS TRABALLAN?.... 

Profe: Quenes son os zoqueiros?
Uxía: eu teño unha peli dun zapateiro que fabricaba zapatos. 
Rubén: o libro que nos leeu a mamá de Uxía era dun zapateiro. 
Silvia: un día a miña abuela quitou unhas zocas pequenas do coche do meu abuelo, que estaban colgadas. 
Rocio: son iguales que os zapateiros.
Profe: estades todos de acordo niso?
Pablo: eu solo sei que os zoqueiros fan zocos e os zapateiros zapatos. 
Alicia: yo tengo una canción y la escuchamos en música (todos cantan, envolviendo, desenvolviendo...)
Rubén: cando fomos o Museo do Pobo Galego había unha  (monitora) que nos mandou buscar zapatos de madeira. 
Pablo: eses zapatos eran zocos. 
Uxía: un día vin uns zocos na miña casa, pero non sei onde están; erán marróns. 
Silvia: a abuela un día regaloulle uns zocos a unha amiga miña. 
Uxía: os zocos son iguales que os zapatos e teñen aquí debaixo (sinala a planta do seu calzado) para facer sonar. 
Carla: por aquí  (sinalan no seu zapato) as zocas teñen madeira para que fagan moito ruido. 
Pablo: os zocos son máis altos cos zapatos. 
Profe:Falades de zocos e zocas, son o mesmo?, hai algunha diferencia?
Pablo e Carla: nada, son o mesmo. 
Sarai: as zocas son para as mulleres e os zocos para os homes. 
....

Trala lectura dalgunhas das frases que se recolleron durante esta asamblea, nos decatamos que os picariños xa contan con grandes coñecementos, a veces veraces outras non, pero sempre froito das súas vivencias, neste caso familiares. Con estas pequenas investigacións, polo tanto, pretendemos crear conflitos cognitivos, a través dos cales se decaten e analicen o que saben e os novos coñecementosadquiridos a través da investigación e procura de información. 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS