Xa chegou ese día tan esperado polos Picariños. Ao longo desta semana estiveron a contar os días que faltaban para poder darlle o agasallo que lle fixeran ao seus papás. Durante a semana fixeron moitos e moitos debuxos, moi variados para esas persoas tan importantes para eles: os seus papás. O primeiro que vístedes onte foi o sobre cheo de corazóns e cunha dedicatoria especial: FELICIDADES PAPÁ, con el queriamos evitar que os papis máis curiosos puideran descubrir a sorpresa.


E supoño que hoxe xa vos deron ese sobre para ensinarvos o seu regalo. Dentro dese gran sobre ía unha tarxeta de felicitación que cadaquen decorou e escribiu e o marco-oso totalmente persoanlizado para vós papis.






